UN CLÁSICO PARA O CLUB DE LECTURA DOS MAIORES....

2017 está a ser o ano das grandes efemérides literarias e, para celebralo, nada mellor que escoller unha lectura destes autores, hoxe xa universais.
As lectopromotoras de 2' Bach propuxeron aos seus compañeiros de club a inmersión no mundo da literata anglosaxona Jane Austen (este ano celébrase o bicentenario do seu pasamento) da man de Orgullo y Prejuicio.

Hai que agradecer ao IES Ribeira do Louro (Porriño) o empréstito dos seus exemplares da obra, resulta moi agradable saber que moitos lemos os mesmos títulos.

Dado as datas nas que estamos, e o desexo de disfrutar plenamente da lectura, a seguinte reunión será xa en xaneiro.

Comentarios

Publicacións populares