jueves, 25 de mayo de 2017

Romancero sin gitanos

Dentro das actividades que este ano estamos a desenvolver en relación á cultura xitana, non podía faltar a proxección de "Romancero sin gitanos", documental sobre a orixe do poboado de O Vao de 1976.


Grazas a Luis, da librería Metáfora, pola referencia e ao profesorado de 1 de ESO por ceder ao equipo de biblioteca o tempo para realizar a actividade.

O documental está tamén dispoñible na rede e pasará a formar parte dos fondos audiovisuais da biblioteca. Un verdadeiro tesouro para coñecer a historia do noso concello e da comunidade xitana do IES de Poio.




Sección de xogos de mesa


Sabemos que estades a gozar cos xogos de mesa nos recreos, nos días en que a clase sae de excursión e nós quedamos no centro, e sempre que tedes un rato libre... agora pedímosvos tamén que colaboredes para que os xogos estean ordenados e completos!!

Colocádeos onde corresponda despois de usalos, comprobade que o recolledes todo e pechade as caixas sen estragalas. Os xogos son de todos/as e para todos/as e temos que coidalos para que duren moitos anos!!!

lunes, 22 de mayo de 2017

Encontro dos clubs de lectura

Despois de varios cambios de data por mor do tempo, por fin chegou o día de pasar unhas horas con outros clubs de lectura. 

Coordinámonos co IES Milladoiro, de Ames (A Coruña), centro co que tamén compartimos lecturas: "Caleidoscopio" de Carmen Quinteiro e "Noite de voraces sombras" de Agustín Fernández Paz.  E precisamente, a partir da obra de Fernández Paz, visitamos a "Illa do Pensamento", a Illa de San Simón.


Comezamos o día coñecéndonos e rompendo o xeo para posteriormente, subirnos ao barco que nos levou a dar unha volta pola enseada de San Simón. Eramos, en total, catro clubs: dous do IES de Poio e dous do IES Milladoiro.


Viaxe en barco pola Ensenada de San Simón

Ao chegar á Illa, dividímonos en grupos de idade para facer a visita literaria. 

Grupos de 3º de ESO do IES de Poio e o IES Milladoiro
co noso guía, Valentín.

Grupos de 4º de ESO e Bacharelato do IES de Poio e o IES Milladoiro


Puidemos ver o escenario de "Noite de voraces sombras", pero tamén coñecer outros aspectos da súa historia como lazareto, cárcere durante a Guerra Civil, campamento das JONS... e sobre todo, da literatura relacionada coa illa:

Escultura dos trobadores na entrada da Illa

 Aquí tedes ao alumnado do IES de Poio participante na saída, que quedou encantado coa explicación dos guías e coa visita en xeral:


A mágoa é que, como sempre, as actividades máis interesantes quédansenos cortas de tempo. Haberá que voltar en próximos anos!!!


Aquí tedes o texto poético de Enzo Ramírez, de 2º de Bacharelato, escrito á volta da illa e de escoitar as historias que nela ocorreron (non pasa desapercibida a influencia de "Insomnio" de Dámaso Alonso e da poesía desarraigada):

Mi corazón en carne viva,
en vergüenza avinagrado
latiendo marchas fúnebres
por el granítico pasado.

Siento vuestro dolor
estallando en mis entrañas
en espiral espinosa
de rabia y horror.

Soportasteis ruines tropelías
de los de siempre, los "brazos yertos",
pero honrasteis la tierra de Rosalía:
antes que de rodillas, muertos.

¿Dónde estabas, Dios,
con tus jabalinas eléctricas,
con tus plagas devastadoras,
con tu lava de Pompeya?

¿Dónde estabas, Helios,
cuando entonaban el "Cara al sol"?
¿por qué no vomitaste fuego
y los pusiste "cara al suelo"?

Manto zarco de poseidón,
fuiste cómplice fluido.
¿por qué no engulliste, bravío,
la isla de San Simón?

podéis acribillar a un hombre,
avellanar su estómago,
pero ni con plomo ni con hambre
manipular su espíritu.

Y pasan las décadas,
y la naturaleza inocente
poniendo parches verdes
en las abandonadas fosas.

Es la madre que, por amor,
encubre al hijo que es escoria,
pero yo lustro la memoria:
ni olvido ni perdón.

E se queres saber máis sobre a apaixonante historia desta illa e os textos literarios inspirados nela, podes ler o seguinte material que preparamos no IES de Poio antes da saída:


martes, 16 de mayo de 2017

Día das Letras Galegas


Collages elaborados por alumnado de 1º de ESO


No IES de Poio celebramos as Letras Galegas con actividades organizadas desde Biblioteca, Departamento de Plástica e ENDL.

Este 16 de maio, o alumnado de 3º e 4 de ESO asistiu a unha charla sobre mitoloxía galega a cargo do antropólogo Rafael Quintiá. Falounos das mouras, o demo asubiador e  os lobishomes, así como da orixe de palabras, frases feitas e toponimia de orixe mitolóxica.

Un dos momentos da charla de
Rafael Quintiá


Alumnado de 3º e 4º de ESO na charla sobre mitoloxía galega


Panel homenaxe a Carlos Casares: información a cargo de 2º de ESO
e collages elaborados en 1º de ESO.

Exposición de exemplares das obras de Casares
dispoñibles en biblioteca

O alumnado de primeiro de ESO elaborou o cartel-collage homenaxe a Carlos Casares coa profesora Marta Taboada e o de segundo de ESO, os paneis informativos nas clases de reforzo de lingua. Ademais, o alumnado de 1º de Bacharelato preparou vídeos de recomendación de "O sol do verán" e "Ilustrísima", obras de referencia do autor homenaxeado, que leron como lecturas voluntarias das clases de lingua e literatura galega durante este curso académico. Os vídeos foron proxectados no día de hoxe durante o recreo.


Información elaborada por alumnado de 2º de ESO

Información elaborada por alumnado de 2º de ESO

domingo, 14 de mayo de 2017

A banda deseñada como lectura obrigatoria en Lingua castelá e literatura



Este ano, ofreceuse ao alumnado de 1º de Bacharelato a posibilidade de cambiar a lectura obrigatoria da terceira avaliación (novela actual) pola lectura de dúas obras de novela gráfica dunha listaxe recomendada por biblioteca (dentro da materia Lingua castelá e literatura). O Departamento de lingua castelá apoiou a proposta e o resultado foi realmente positivo. A idea era non so achegar a alumnado que non é lector de banda deseñada a obras deste xénero, senón tamén dar saída a títulos que estaban a quedar esquecidos nos andeis a pesar de ser obras exquisitas.

Estas son as opinións do alumnado que se achegou á novela gráfica:

- Carmen, sobre "Píldoras azules": Con algunas partes más duras que otras, pero 100% recomendable. Creo que es la mejor forma de hacernos olvidar los típicos prejuicios propios de situaciones como las que se dan en el libro. Trata desde la figura paterna hasta el romanticismo y es capaz de plasmar el hecho de que los problemas (en este caso, las enfermedades) no definen a una persona. Conmovedora, a la par que amena, desde el principio.

- Andrea, sobre "Arrugas" y "La tetería del oso malayo". El proceso de lectura fue algo extraño al principio ya que nunca antes había leído una novela gráfica. La tetería del oso malayo me resultó muy interesante ya que narraba diferentes historias que se entrelazaban en un solo escenario, la tetería. (...) Ambas historias me resultaron sencillas de leer y muy entretenidas pero, sobre todo, lo que más me ha gustado ha sido el hecho de que no habría elegido nunca estas obras para leer por mi cuenta, cuando realmente me han encantado.

- Ingrid, sobre "Arrugas" y "La mujer reblede. Historia de Margaret Sanger": Arrugas me pareció una historia impactante, que está contada con una perspectiva muy cercana al contexto de la enfermedad. Hace que sientas empatía por los personajes.  En cuanto a "La mujer rebelde", nos hace ver todo lo que tuvieron que sufrir y luchar otras personas para que nosotros podamos tener lo que tenemos (especialmente, las mujeres).

- Ainara, sobre "La mujer rebelde. Historia de Margaret Sanger": Me pareció un libro muy interesante y me sorprendió, porque hasta ahora no me gustaban nada los cómics, los veía muy aburridos. pero me di cuenta de que no es así. Desde mi punto de vista, este es un libro que debería leer todo el mundo porque cuenta cómo Margartet Sanger ayudó a mujeres que no tenían ni idea de la existencia de los métodos anticonceptivos, que también las prevenían de muchas enfermedades.

miércoles, 10 de mayo de 2017

Novos títulos de banda deseñada na biblioteca


Incorporamos novos títulos á nosa sección de banda deseñada escollidos a modo de homenaxe:

- Barrio lejano, de Taniguchi, autor referente do manga recentemente falecido.

- Solanin e El barrio de la luz, de Inio Asano, que se está a convertir nunha das figuras máis relevantes do manga actual e que está a ser un éxito entre o alumnado de bacharelato do noso centro.

- Os que levan o lume, comic 100 por 100 galego.

- I am a hero in Osaka, nova versión do omnipresente apocalipse zombi. Se te gusta The Walking Dead, non podes perder este comic.

A partir do venres, dispoñibles en biblioteca.

martes, 9 de mayo de 2017

domingo, 7 de mayo de 2017

Enzo, finalista do certame literario da FANPA

O alumno Enzo Ramírez, de 2 de bacharelato, colaborador da biblioteca e participante do club de lectura de poesía, convertiuse nun dos finalistas na súa categoría do certame literario organizado pola FANPA, co seu relato "Novembro". Moita sorte para o fallo!!!


Máis información en certame.nontedurmas.org

lunes, 1 de mayo de 2017

Cinema en curso: últimas grabacións

As sesións de rodaxe do documental do Cinema en curso sobre as mariscadoras xa remataron. 
- Comezamos un primeiro día de rodaxe o luns 27 de marzo ás 7:30 da mañá. Baixamos dende o instituto ata A Seca e alí grabamos ás mariscadoras e mariscadores que comezaron o seu traballo ben cedo.










- O luns 24 de abril pola tarde grabamos na lonxa de Campelo. onde se comercializa o produto do marisqueo.








- O xoves 28 de abril ás oito da  tarde achegámonos primeiro aos miradores do Loureitro de Campanario para grabar dende alí A Seca e a ría. Logo, baixamos ata A Seca para tomar algún plano anoitecendo.






- O venres 28 de abril tivemos a derradeira sesión de rodaxe e baixamos, pola mañá,  a grabar o marisqueo en A  Seca.


Unha vez rematadas as grabacións, quédanos a montaxe. Pronto estará rematado o documental e a verdade é que a cousa promete!!!.