lunes, 24 de abril de 2017

Club de lectura de adultos: nova lectura


No club de lectura de adultos, vimos de rematar "Vacaciones con papá" de Dora Heldt, coa sensación de que, aínda que o humor é algo ligado á cultura, non o é tanto o comportamento humano: os pais e as nais sempre serán pais e nais...

Comezamos "Puerto escondido", de María Oruña, unha novela negra que non vai deixar indiferente a ninguén. A data de reunión segue aberta á espera de solicitar á autora a súa visita ao IES. Manterémosvos informadas.

Fallo do certame literario Xaime Illa Couto

E temos, ademais, un novo motivo de celebración neste luns 24 de abril: hoxe fíxose público o fallo do xurado do XXV Certame literario Xaime Illa Couto, con catro alumnos e alumnas do IES de Poio premiados.

Adrián Besada: Poesía de 14 a 16 anos.
Gonzalo Barragáns: Relato de 14 a 16 anos.

Laura Villaverde: Poesía de 16 a 18 anos.
Iria Tilve: Relato de 16 a 18 anos.

Noraboa aos catro!!!


Actividades día do libro e os dereitos de autor

Durante o recreo de hoxe, 24 de abril, leváronse a cabo un montón de actividades no noso IES con motivo da celebración do Día do libro e os dereitos de autor.

O alumnado voluntario preparou un obradoiro de marcapáxinas cun éxito de participación estupendo, e que repetiremos mañá durante o recreo (ata se apuntaron os profes!!!)




Ademais, empezan a chegar microrrelatos escritos nos minilibros realizados por alumnado de 1 ESO:


A entrada foi decorada polo alumnado de plástica de 1 e 2 de ESO:


E a adopción de libros foi todo un éxito:




Grazas a Elena Costas e Marta Taboada polas ideas e a axuda, e sobre todo, grazas ao voluntariado de biblioteca que axudou hoxe na xestión da biblioteca (Enzo), no obradoiro (Alba, Noelia, Abraham, Luis, Manu) e na mesa de libros (voluntarias de 4 de ESO). 

viernes, 21 de abril de 2017

Novas lecturas nos clubs



Entramos xa nas últimas lecturas deste produtivo ano de clubs: Xosé Tomás en BD e Karmelo Iribarren para poesía.


Colección colaborativa de microrrelatos: día do libro

Aquí están os nosos primeiros textos!!! Os libros foron construidos polo alumnado de 1 de ESO en colaboración coa profesora Marta Taboada.


Este é so un petisco de todas as actividades preparadas na biblio do IES de Poio con ocasión do día do libro e os dereitos de autoría:


Agardamos moitas mentes curiosas e interesadas na lectura!!!

miércoles, 19 de abril de 2017

Día do libro

Participa na I colección colectiva de microrrelatos do IES de Poio. Pasa pola biblio e infórmate.


Novos títulos de manga en biblioteca

Aitana e Natalia, alumnas de 1 de Bacharelato, colaboraron coa biblioteca para a recomendación de novos títulos de manga, que está a ser o xénero máis solicitado por alumnos e alumnas de todos os cursos. Aquí tedes todas as novidades:





jueves, 6 de abril de 2017

Xornal trimestral do IES de Poio

Xornal realizado por alumnado de 3º de ESO baixo a dirección da profesora de lingua castelá e literatura Fátima Barreiro.

Cinema en curso

O luns 13 de marzo o alumnado de Cinema en curso achegouse á   lonxa de Campelo para rodar uns planos de exploración que preparan a rodaxe do documental sobre o marisqueo.

Acompañados do cineasta Ángel Santos e dunha profesora do centro, foron alternándose as distintas funcións: director, axudante do director, sonidista, axudante do sonidista...










miércoles, 5 de abril de 2017

Obradoiro de cómic do club de lectura de BD con Ángela Paz

Como boa Midas, todo o que toca se convirte en ouro... e de ouro foi, precisamente, a xornada de hoxe con Ángela Paz, da Asociación socioeducativa e cultural Paspallás de Pontevedra. Pasámolo en grande, aprendimos moitísimo e sobre todo, convenceunos de que todos somos grandes debuxantes se nolo propoñemos!!!














Foi destas actividades que paga a pena organizar e sobre todo, gozar vendo aos rapaces e rapazas aprendendo á vez que se divirten. Un verdadeiro pracer, Ángela, escoitarte e compartir contigo esta actividade!!! Agardamos verte de novo polo IES de Poio!!!