jueves, 30 de marzo de 2017

Obradoiro de marcapáxinas


Co gallo do día do libro, a biblioteca estará chea de actividades na semana do 24 de abril.

Se vos apetece pasar un recreo diferente esa semana, anotádevos cos amigos e amigas no obradoiro de marcapáxinas que están organizando os voluntarios da biblioteca (máximo 15 participantes por quenda). Para anotarvos, só tedes que pasar pola biblio a partir do luns 3 de abril e ata o día 20. Animádevos!!!

Ánimo a todos e todas!!!

Nestes últimos días de exames, temos a biblioteca a rebentar... necesitabamos espazo e quitar algunha mesa, pero con este fervor de estudiantes apurando os últimos minutos antes das probas... vai ser misión imposible!!!

Moito ánimo a todos e todas, e coma sempre: a conseguir unhas notazas!!!


miércoles, 29 de marzo de 2017

Club de BD: obradoiro de cómic con Ánxela Paz

A próxima semana os 13 alumnos do club de BD terán un obradoiro de cómic con Ánxela Paz, da Asociación Educativa e Cultural Paspallás. Todo un privilexio que non imos desproveitar!!! Vinde preparados/as para falar da linguaxe do cómic e para pasalo en grande!!!



Caudal de poesía


Seguen aparecendo novos poemas...

martes, 28 de marzo de 2017

Preparando abril, mes dos libros

Como abril comeza con avaliacións e non regresamos dun merecido descanso ata mediados de mes, na biblioteca xa estamos empezando coa preparación do día do libro. Como cae en domingo, celebrarémolo durante a semana do 24 cun obradoiro de marcapáxinas no que os monitores e monitoras serán os membros do equipo voluntario. Como vedes, xa están mans á obra coa preparación:


Ademais, coa colaboración de Marta Taboada, profe de plástica en 1 de ESO, temos previsto repartir minilibros para que o alumnado poida escribir neles un microrrelato da súa colleita e facer, posteriormente, unha exposición colectiva.

Quentamos motores...!!!

lunes, 27 de marzo de 2017

Nova lectura no club de adultos

Seguimos coas lecturas arredor da familia e coa boa nova de que todas as participantes do club continuarán na actividade o próximo curso!!!

Vimos de ler "Las tres heridas" de Paloma Sánchez-Garnica, unha novela sobre a Guerra Civil Española. A conclusión: non é unha novela política, senón de caracteres, en tanto que a bondade ou a maldade non é cuestión de ideoloxías, senón de individuos.

A próxima lectura, que comentaremos o 27 de abril, é "Vacaciones con papá". Non adiantamos nada máis, pero seguro que nos sentimos identificadas nesa relación da protagonista cos seus pais, xa xubilados. 


21 de marzo... día da poesía

Tal e como comentabamos a semana pasada, aquí temos xa imaxes dos poemas preferidos de profes e alumnado, no formato homenaxe a Agustín Fernández Paz e "O único que queda é o amor". Lembrade que a parede do río de palabras poderá seguir enchéndose de textos poéticos ata as vacacións!!!



jueves, 23 de marzo de 2017

Novidades na biblioteca

A petición de profes, alumnos e alumnas, chegan moitas novidades á biblioteca. Xa sabedes que podedes recibir todas as novidades  no móbil a través do noso instagram!!!




martes, 21 de marzo de 2017

21 de marzo: día mundial da poesía

Comezamos a primavera convidando a profes e alumnado a compartir os seus poemas preferidos na entrada do IES. Xa está todo preparado para recibir os textos...


Hoxe, 21 de marzo, día da poesía, aproveitaremos para compartir poemas e homenaxear, a un tempo, ao recentemente falecido Agustín Fernández Paz. A partir da lectura do relato "Un río de palabras", de O único que queda é o amor (Editorial Xerais), invitaremos á comunidade educativa a imitar ao protagonista e así, ir deixando, ao longo destas dúas semanas, textos con etiquetas para arrincar. Veremos o resultado final nos próximos días... Animádevos a participar!!

De momento, deixámosvos coas primeiras poesías en aparecer, por suposto, de xeito anónimo!!!







miércoles, 8 de marzo de 2017

Novas lecturas dos clubs



Estas serán as novas lecturas dos clubs. A reunión do club de BD será mañá xoves no recreo e o próximo mércores, será a reunión do club de poesía (coma sempre, quedamos na porta da biblioteca).