lunes, 30 de enero de 2017

Procura do tesouro preparada por 3ESO

Hoxe os rapaces e rapazas de 3 ESO prepararon unha procura literaria para 1ESO durante a hora de titoría coa profesora Milagres Romero. Aquí vos deixamos algunhas imaxes do seu traballo. Espectacular!!!




sábado, 28 de enero de 2017

Novos xogos de mesa en biblioteca


Aquí temos os novos xogos de mesa da biblioteca. Atrévete a demostrar todas as túas habilidades retando a compañeiros/as e profes!!!

miércoles, 25 de enero de 2017

Nova lectura do Club de lectura de adultos

Comezamos o ano cunha lectura moi optimista, "La sal de la vida", de Anna Gavalda. Xuntarémonos de novo para falar desta historia o próximo luns 6 de febreiro, coma sempre, na biblioteca do IES de Poio.

miércoles, 11 de enero de 2017

Nova lectura do club de iniciación á Banda deseñada


No club de lectura de iniciación á BD comezamos o ano cunha nova lectura: Engurras, de Paco Roca, unha obra que xa se convertiu nun clásico da novela gráfica e que nos achega ao mundo do alzheimer.

Na sesión de hoxe, ademais, comentamos a lectura anterior, La memoria del agua, un cómic que nos encantou pola calidade das súas ilustracións e sobre todo, polo misterio da historia. Recomendámolo a todos os nosos compañeiros do IES e tamén a outros clubs de lectura!