viernes, 20 de octubre de 2017

UNHA COCIÑEIRA MOI ESPECIAL INAUGURA O CLUB DE LECTURA....

A profesora D. Sofía López inaugurou o seu club cunha proposta chea de orixinalidade e diversión e extremadamente adecuada para esta época: Escarlatina, a Cociñeira Defunta.
A lectura do primeiro capítulo encantou a todos os rapaces e rapazas.
Xa vos iremos contando.

domingo, 15 de octubre de 2017

AVISO IMPORTANTE!!!!!!

Seica hai problemas para enviar as fotografías e os vídeos ao mail indicado. Non vos preocupedes, amplíase o prazo de presentación dos traballos ata o venres 20 de outubro. Entregádeos na biblioteca

martes, 10 de octubre de 2017

jueves, 5 de octubre de 2017

CLUBE DE LECTURA DE ADULTOS 2017/18

O resto da comunidade educativa tamén pode disfrutar compartindo momentos de lectura.......

CLUBES DE LECTURA 2017/2018

Como tódolos anos, a oferta de clubes é moi diversa. Apuntádevos na biblioteca no que vos apeteza. Apurade para non quedar sen plaza!!!!

lunes, 2 de octubre de 2017

CONCURSO DE PUBLICIDADE do Día da Biblioteca

Non só o alumnado de 1º e 2º ESO festexará o Día da Biblioteca cun concurso: todo o alumnado do centro pode dar alas á súa creatividade e realizar un anuncio de promoción da Biblioteca do centro. Disfrutade da experiencia!!!!!

viernes, 29 de septiembre de 2017

CONCURSO FOTOGRÁFICO do Día da Biblioteca

Comezamos Outubro cunha proposta para o alumnado de 1º e 2º ESO: facede unha fotografía que trasmita a vosa paixón pola lectura e os seus beneficios, mandádea por mail á biblioteca (ou levádea en persoa) e...SORTE!!!

jueves, 28 de septiembre de 2017

NOVA ANDAINA DO BIBLIOVOLUNTARIADO

Se queres divertirte e pasar algún recreo diferente, non o dubides, achégate á biblioteca e apúntate para axudar nas diversas actividades que se desenvolven ó seu abeiro. Prazo de presentación: ata o 6 de OUTUBRO.

viernes, 22 de septiembre de 2017

Benvidos/as a un novo ano de lecturas!!


Para este curso a Biblioteca do IES de Poio ten programado unha chea de actividades, concursos e sorpresas coas que gozar arreo.
Mantente informado/a de todas as novas nas redes (instagram e blog) e visita a biblioteca en calquera recreo.
A biblioteca é de todos e para todos... aprovéitaa!!

jueves, 22 de junio de 2017

Despedida ata o curso que vén

Sorpresa de última hora

Parece que o fenómeno booktube está a extenderse polo noso IES... empezaron os rapaces de 3 e 4 de ESO, pero xa temos aquí tamén as recomendacións de Aitana e Xiana de 1 de Bacharelato e de Ainhoa, de 2 de ESO:



   



Último número do xornal trimestral La Redacción



Último número do xornal do IES de Poio elaborado por 3º de ESO baixo a dirección da profesora Fátima Barreiro.

Clausura do ano coa entrega dos certificados de voluntariado

Aquí tedes a algúns dos voluntarios e voluntarias que traballaron este curso na nosa biblioteca. Ademais de colaborar nas actividades, prestaron e devolveron libros, foron xurado nos certames, pegaron etiquetas... pero sobre todo, xurdiron grandes amizades!!!




miércoles, 21 de junio de 2017

Memoria gráfica da Biblioteca. Curso 2016/2017.

Exposición de lapbooks de ITI

Aquí tedes os lapbook marabillosos realizados polos rapaces e rapazas que cursan a materia de Investigación e tratamento da información, materia coa que colaborou activamente a Biblioteca do centro, tanto nos contidos traballados no primeiro trimestre (formación de usuarios/as) como nas propostas dos traballos de investigación.
Nun dos grupos traballaron con medios dixitais e os produtos finais foron en formato powerpoint. O outro grupo traballou con medios físicos aportados pola biblioteca e aquí están os resultados:








martes, 20 de junio de 2017

Estadísticas das redes sociais

Rematamos o curso con moita ilusión sabendo que a nosa biblioteca está a ser visitada de xeito virtual por moitísimos usuarios/as e que, por fin, atopamos unha vía de comunicación efectiva co noso alumnado.
Desde setembro, momento e que iniciamos a andaina do novo blog e o instagram, contabilizamos máis de 3500 visitas e 80 seguidores de instagram, maioritariamente alumnos e alumnas que se enteran de todas as novas da biblioteca do IES e das actividades culturais da contorna de xeito inmediato.
Agardamos seguir xerando este interese o curso próximo!!!


sábado, 17 de junio de 2017

Galería de imaxes das X Xornadas de Clubs de lectura

Entrega do Premio dos Clubs de lectura a Miguelanxo Prado

Apertura das Xornadas

Alumnado do IES de Poio

Performance ao inicio da xornada

O noso alumnado agardando a César Mallorquí
(expectantes tras ler e gozar "As lágrimas de Shiva")

César Mallorquí

Cos novos amigos e amigas do IES de Vilalonga, cos que compartimos
autobús, risas e moitos gustos lectores.

lunes, 12 de junio de 2017

Recomendacións para este verán

Aquí tedes o tríptico elaborado polo equipo de biblioteca (a maioría das lecturas tiveron moito éxito entre os participantes dos clubs de lectura deste ano), así como a serie de booktubers do alumnado de 3 e 4 de ESO, un traballo coordinado polas profesoras Fátima Barreiro e Elena Costas.

Así non hai excusa para non coller ideas de lecturas dispoñibles en biblioteca para este verán!!!




Recomendación de Martín Villar de 3 de ESO:



Recomendación de Adri Besada de 3 de ESO:


Recomendación de Silvia Vila, de 4 de ESO:



Última reunión do club de adultos

Hoxe tivemos a última reunión deste curso co club de adultos cunha experiencia irrepetible: María Oruña, autora de "Puerto escondido" entrou a falar coas participantes a través do teléfono. Foi unha marabilla escoitar como levou a cabo a documentación para a obra pero sobre todo, deixounos abraiadas o seu proceso de escritura, dous relatos que acabaron uníndose na novela.

Ademais, todas as participantes do club teñen pensado continuar o ano próximo, así que o final desta etapa foi redondo!

Se queres ver as palabras de María Oruña sobre a súa participación no club, pincha neste enlace: María Oruña no club de lectura de Poio



Faro de Vigo 15/06/2017



viernes, 2 de junio de 2017

Proxecto do departamento de lingua castelá


Traballo de Sara e Raisa

Traballo de Laura e Tamara
Traballo de Andrea e María José


Traballo de Roi, Ernesto e Dani

Traballo de Carolina e Carlos

Traballo de Iván

O proxecto deste tercer trimestre do Departamento de lingua castelá foi a realización de maquetas dos corrais de comedias do século XVII, así como a lectura de fragmentos de diferentes obras teatrais do barroco que debían ser representadas no escenario: Fuenteovejuna, El caballero de Olmedo, Peribáñez, La vida es sueño... 
O alumnado realizou, ademais, unha exposición oral sobre o teatro como espectáculo e sobre o argumento da obra que escollera. Os compañeiros valoraron non so o traballo de investigación previo, senón tamén a exposición en si (postura corporal, apoios audiovisuais, linguaxe non verbal, volume e entonación, capacidade de síntese...). Traballaron tanto e con tan bo criterio, que é lóxico que estean orgullosísimos dos resultados finais. Non é para menos!

Traballo de Yago e Ángel

Traballo de Sabela e Lorena

Traballo de Patricia e María
Traballo de Iria e Aida
Traballo de Mirian e Lorena

Traballo de Natalia e Aitana


En colaboración coa profesora que imparte lingua castelá en 3º e literatura universal en 1º de Bacharelato, o alumnado explicou o seu traballo aos seus compañeiros de 3º da ESO aproveitando o espazo que nos brinda a biblioteca. Ademais, deixaremos en exposición os traballos na vindeira semana.




         Exposición na entrada do IES de Poio