miércoles, 21 de diciembre de 2016

Plan proxecta: fase de documentación

O alumnado do Plan Proxecta "Cinema en curso" aproveitou o sol que nos regalou este decembro para achegarse a A Seca e traballar na fase de documentación do seu proxecto. Ademais de realizar fotos e vídeos, falaron coas mariscadoras e cos mariñeiros da zona acompañados por Ángel (o noso cineasta), Mónica (do CGAI) e as profesoras responsables do proxecto en colaboración coa biblioteca, Carmen Fernández e María Cuquejo.










lunes, 19 de diciembre de 2016

Adrián Besada gañador do concurso de microrrelatos Hoy por hoy Castellón

Alumno participante no club de lectura de poesía e animado a presentarse aos concursos literarios por Carmen Quinteiro, Adrián Besada Padín, de 3 de ESO, é o gañador desta semana no concurso de Microrrelatos do programa radiofónico "Hoy por hoy Castellón". Non é o primeiro recoñecemento que recibe: foi segundo no concurso de relatos de terror do IES. Segue escribindo, Adrián, hai unha promesa literaria en ti!!! Parabéns!!!


Bo nadal

A biblioteca do IES de Poio deséxavos unhas boas festas e un próspero 2017 na compaña de amigos e amigas, familia e moitos, moitos libros!!!


Plan proxecta: traballo de documentación

O alumnado de 4 de ESO implicado no Plan Proxecta visitou a biblioteca para o proceso de documentación.



viernes, 16 de diciembre de 2016

Nova lectura no club de poesía


No club de lectura de poesía traballaremos sobre a realidade e a ficción, a autoría e a voz lírica, coa nosa seguinte lectura: Sobre todo nada, de Miguel Albero, que foi premio Jaime Gil de Biedma. Trátase dun poemario sobre a enfermidade, a recuperación, a recaída e a esperanza. Vémonos o mércores!

Nova lectura do club de iniciación á BD


O alumnado do club de iniciación á BD comentará este próximo martes unha nova lectura: La memoria del agua, publicado por Norma editorial. Trátase dunha historia de familia, de crenzas e de xentes do mar... os protagonistas poderiamos ser calquera de nós, de terra de mariñeiros: Poio, Chancelas, Combarro, Samieira...

Xornal do IES de Poio

Chegan as novas do noso IES da man do alumnado de 3º ESO A e a profesora Fátima Barreiro, do Departamento de lingua castelá e literatura. Aquí vos queda o primeiro número de "La redacción".


martes, 13 de diciembre de 2016

Nova lectura no club de adultos do IES de Poio

Onte tivemos novas incorporacións no noso Club de lectura de adultos. Xa somos 11 entre profes, nais e avoas!!!

Falamos entre risas e biscoito dun libro do máis actual: "No tendréis mi odio", de Antoine Leiris, un pranto do autor en torno á morte da súa parella no atentado da sala Bataclán en París. Un libro sinxelo, entrañable, e un bo comezo para coñecernos e falar sobre como sería a nosa reacción ante unha traxedia destas características, así como tamén as diferencias sociais entre o noso país e o país veciño.

Aquí deixamos a nosa próxima lectura sobre relacións familiares: "La cena" de Herman Koch.
Vémonos o luns 16 de xaneiro ás 18:30 na Biblioteca. Gozade coa lectura!


lunes, 12 de diciembre de 2016

Os nosos poemas preferidos de "Caleidoscopio" de Carmen Quinteiro Moreno

Recitación a cargo do alumnado do Club de lectura de Poesía do IES de Poio: Gonzalo, Adrián, Paula, Jéssica, Uxía, Estela, Carolina, Cris, Laura, Jennifer e Daniel. Alba estivo detrás da cámara.

Caleidoscopio e Carmen Quinteiro Moreno

Hoxe, no club de lectura de poesía, tivemos o privilexio de ter con nós a Carmen, que nos falou de "Caleidoscopio", pero tamén do seu proceso como creadora. Abriu en nós o apetito de ler o seu novo poemario e nos animou a publicar os nosos propios textos sen medo á opinión dos demais. Un verdadeiro pracer lerte e escoitarte, Carmen. Agardamos verte de novo polo noso IES!!!




sábado, 10 de diciembre de 2016

Recomendacións lectoras para o Nadal

Aquí tedes as recomendacións da biblio para este Nadal. Lembrade que podedes levar en préstamo tres libros ou pelis!!!

miércoles, 7 de diciembre de 2016

Recomendacións de libros para pedirlle aos reis

A profe Geles Fernández segue a lembrarse do IES de Poio e nos envía o enlace ao seu blog, onde recomenda preciosos álbumes ilustrados para poñer na lista de peticións aos Reis Magos.

Aquí tedes o enlace: Libros para pedirlle aos Reis Magos. Recomendacións de Geles Fernández


Infografías de 1 de Bacharelato

O alumnado de primeiro de bacharelato traballou nestas últimas semanas coa procura de información, reelaboración e a relación contido-presentación coa finalidade de crear infografías. O tema escollido, co gallo da temática de Bibliotecas Escolares, foron os artistas. Aínda que o proceso foi ben interesante, os resultados finais son dignos de admiración. Moi bo traballo!!! Deixamos algunhas mostras para abrir boca deste traballo de colaboración de biblioteca e Dpto. de lingua castelá e literatura.







Traballos de Ángela, Alba, Carmen, Pablo, María José, Xiana, Noelia e Andrés.