viernes, 21 de octubre de 2016

Segunda sesión de formación de usuarios/as da biblioteca


Outro día de actividade na biblioteca do IES. O segundo grupo de 1 de ESO traballou con moito acerto atopando e devolvendo os libros aos andeis empregando as sinaturas. Bo traballo!

jueves, 20 de octubre de 2016

Formación de usuarios/as de 1 de ESO


Despois do traballo nas aulas coa CDU, as sinaturas e a orde dos libros nos andeis nas clases de lingua e ITI, por fin chegou o gran día: un xogo de pistas de procura de libros de distintas materias na Biblioteca do IES. Pasámolo en grande e conseguimos o obxectivo: saber atopar os materiais que buscabamos. Grazas a Enzo (voluntario de 2 Bach) pola axuda para a colocación das pistas!

miércoles, 19 de octubre de 2016

Preparando as caixas da Hora de ler


Esta semana estamos a preparar as novas caixas para as aulas destinadas á Hora de ler. Esperamos que os libros vos gusten case tanto como a nós. Empezaremos coa actividade este novembro.

Samaín na biblioteca


Xa temos todo preparado para o Samaín, que celebraremos cunha ponte de nada máis e nada menos que cinco días!!! Que mellor plan que levar un libro ou unha peli para unha fin de semana de medo!!! Anímate, que ademais teremos lambonadas...

martes, 11 de octubre de 2016

Concurso de relatos de terror

Na biblioteca xa nos estamos a preparar para o Samaín. Pasaremos unha semana de medo na que nos gustaría que todos e todas participedes. Como? Moi sinxelo... concursando no certame de relatos de terror convocado polo equipo de biblioteca. Podes escribir o teu relato en calquera das linguas do centro e sen extensión mínima ou máxima. Os traballos recolleranse na biblioteca ata o 27 de outubro e ademais da calidade do texto, valoraremos a orixinalidade na presentación. A que esperas para sacar o peor que levas dentro? 
Pensa unha historia terrorífica e participa!!!

miércoles, 5 de octubre de 2016

Voluntariado da biblioteca no curso 2016-2017

Voluntariado da biblioteca: aquí temos ao alumnado voluntario de 1 e 2 da ESO que xa fixo a súa formación. Aínda estás a tempo de apuntarte!!!