miércoles, 28 de septiembre de 2016

Voluntariado de biblioteca


Aquí temos ao alumnado que participará durante este curso no voluntariado da biblioteca do IES. Botarán unha man na xestión, na orde, na atención a usuarios/as e, sobre todo, serán a voz do alumnado nas peticións para a compra de lecturas. De entrada, grazas a todos/as por asistir á reunión. Comezamos o próximo luns!

sábado, 24 de septiembre de 2016

Proxecto piloto de voluntariado en Biblioteca


Iniciamos este ano un proxecto-piloto de alumnado voluntario na Biblioteca. A reunión informativa será o mércores 28 de setembro durante o recreo na biblioteca.

Nesta reunión explicarémosvos cales serían as vosas funcións como voluntarios/as e organizaremos ás persoas que estean interesadas. Animádevos!!!

Novo curso 2016-2017

Na Biblioteca do IES de Poio comezamos novo curso escolar con moitas novidades.

Para facilitar o acceso aos materiais, estamos realizando o expurgo, ordenación e a nova cartelería, todo grazas a axuda do profesorado do equipo de Biblioteca e dos distintos Departamentos didácticos.

Ademáis, achegámonos ás redes sociais. Xa estamos en Facebook e Instagram. Búscanos para coñecer as novidades da biblioteca, as actividades do IES, novas relacionadas coa lectura e os libros, etc.